Como accedo a Ta-tum?

16-09-2021

En primeiro lugar, diríxete a ta-tum.com e fai clic no botón “Acceder”. Introduce o teu nome de usuario ou enderezo de correo electrónico e contrasinal, e preme o botón “Acceder”. Se a túa licenza de Ta-tum se activou ou se vinculou cunha conta de Google ou de Microsoft, fai clic nos botóns correspondentes e completa os teus datos na ventá emerxente.
Se tes dúbidas sobre as túas credenciais de acceso, consulta co teu profesor ou profesora. Tamén podes pedirlle á túa nai, pai ou titor que se poña en contacto con ta-tum@grupoedelvives.com

A continuación, amosámosche un pequeno titorial.

***Please accept statistics, marketing cookies to watch this video.