É necesario que todos os estudantes teñan un dispositivo na aula?

14-09-2021

Non é necesario que cada estudante teña un dispositivo na clase, aínda que si é necesario que teñan unha licenza activa de Ta-tum.
A lectura dos libros pódese facer en parellas, compartindo un dispositivo ou un libro. Tamén en gran grupo a través dun encerado dixital, por exemplo. As actividades pódense resolver de forma grupal como dinámica de aula, aínda que a puntuación e a cualificación destas é individual.