Un estudante non pode acceder coas súas claves de acceso ou non lembra o seu contrasinal?

14-09-2021

Se un estudante se rexistrou cun enderezo de e-mail ou ten vinculada a súa conta de Google ou Microsoft, poderá utilizar a opción de restablecer contrasinal, dispoñible na icona da interrogación.
Polo contrario, se o estudante accede a Ta-tum a través dun nome de usuario ou dun correo electrónico que ten limitada a recepción de e-mails externos, é necesario solicitar que se restableza o seu contrasinal. Ponte en contacto connosco en ta-tum@grupoedelvives.com ou a través do formulario da páxina web, indicando o nome de usuario do estudante, así como o seu centro escolar, provincia e código postal.