É posible adaptar a aparencia dos libros?

16-09-2021

Si, para favorecer a accesibilidade pode personalizarse a interface de lectura de todos os títulos dispoñibles en Ta-tum. Cada usuario pode aumentar ou diminuír o tamaño da fonte e modificar a tipografía (por exemplo, pode seleccionarse un tipo de letra ligada para os lectores máis novos). Ademais, pode elixirse entre varios temas que modifican a aparencia e o contraste entre o texto e o fondo.