É posible ler sen conexión a Internet?

16-09-2021

Claro! Instala a app de Ta-Tum no teu dispositivo para acceder á librería. Poderás descargar os libros para ler sen conexión. Esta aplicación está dispoñible para iOS, Android e Chromebook.
Para entrar na aplicación utiliza o mesmo usuario e contrasinal que na plataforma web. Lembra que nas apps só encontrarás os libros, para acceder aos casos e ás pescudas é necesario entrar na plataforma.